Cedeira reforza a axuda no fogar con 12 guindastres ortopédicas

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

ANGEL MANSO

O material cederase de xeito gratuíto aos veciños que o necesiten

23 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Cedeira adquiriu 12 guindastres ortopédicas, que cederá gratuitamente para «proporcionar comodidade ás persoas enfermas con problemas de mobilidade, e para facilitar o traballo do persoal de axuda a domicilio», como explica o alcalde. Pablo Moreda destaca «o esforzo económico e de recursos que se está a levar a cabo para dar unha prestación de calidade aos usuarios do servizo de axuda no fogar». Os guindastres custaron 9.900 euros e antes, o Concello xa adquirira 17 camas xeriátricas.