Cedeira destina 200.000 euros a axudas a empresas e urxencia

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

ANGEL MANSO

Goberno local e oposición reuníronse para analizar necesidades e propor medidas

22 may 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Cedeira destina ao redor de 200.000 euros a unha liña de axudas directas a empresas e autónomos, e a reforzar a partida de urxencia social. O alcalde, o socialista Pablo Moreda, agradece «a moi boa disposición e as achegas» dos portavoces de PP, Luis Rubido, e BNG, María Xosé Rodríguez, con quen se reuniu onte para analizar os resultados da enquisa realizada entre o empresariado local a fin de coñecer as súas necesidades e promover axudas efectivas.

Das 88 respostas válidas, o 40 % son de autónomos; o 44 %, de firmas de entre dúas e cinco traballadores; o 9 %, de cinco a dez; e o 2 %, entre dez e 20. O Concello «intentará sacar canto antes as bases, xustas e efectivas», remarcou Moreda.