A área sanitaria crea dúas plantas só para enfermos de COVID-19

Bea Abelairas
Bea abelairas FERROL / LA VOZ

CEDEIRA

CESAR TOIMIL

Unha está no sétimo piso do Marcide e conta con 37 prazas, mentres que a outra se sitúa no terceiro do Naval e dispón de espazo para 36 pacientes

31 mares 2020 . Actualizado ás 13:36 h.

Os contagios por COVID-19 rexistraron un pico importante en Ferrolterra o domingo (de 63 a 142 e este martes acadaron os 209), porque se contabilizaron moitas máis probas ao entrar en funcionamento o punto rápido que fai test no Novoa Santos. 

Este incremento obrigou a implementar cambios importantes na organización do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). A partir de agora haberá dúas plantas só para enfermos de coronavirus: unha está no sétimo piso do Marcide e esgotou as súas 37 camas, porque xa son 39 os hospitalizados; a outra se atopa no terceiro do hospital Naval e poderá albergar a 36 pacientes como máximo. En total son 73 espazos para os enfermos que non necesitan estar na uci, onde hai dispoñibles unha vintena de camas repartidas entre o Naval e o Marcide (dez en cada centro). A fin de semana foi necesario usar unha, pero volven ser dez os enfermos nesta área, os máis graves. Para o resto quedan 24 camas libres nas plantas do COVID-19 que ten uns accesos especiais para evitar contagios no centro hospitalario.