Julio Aneiros, socio de mérito da unión de enxeñeiros técnicos industriais

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

JOSÉ PARDO

O profesor cedeirense recibe hoxe a distinción de Socio de Mérito

23 may 2019 . Actualizado ás 14:29 h.

O profesor Julio Aneiros Lorenzo (Cedeira, 1957) recibirá hoxe a distinción de Socio de Mérito da Unión de Asociacións de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da Rama Industrial de España, «polo seu defensa e implicación con Coeticor [colexio oficial da Coruña] e coa profesión».