Gonzalo Caballero protagoniza un acto mañá en Cedeira

La Voz FERROL

CEDEIRA

Basilio Bello

O secretario xeral dos socialistas galegos acompañará aos candidatos Montse García e Antonio Vázquez

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, encabezará o acto electoral que os socialistas organizan mañá en Cedeira. Estará acompañado por Montse García, candidata ao Congreso, Antonio Vázquez, que opta ao Senado, e polo alcalde cedeirense, Pablo Moreda. O encontro celebrarase no auditorio municipal a partir das 20.30 horas.