Incendio no cadro de contadores dun edificio en Cedeira

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

PROTECCIÓN CIVIL CEDEIRA

Voluntarios de Protección Civil apagaron o lume, ventilaron a estancia e revisaron o resto do inmoble

05 abr 2019 . Actualizado ás 16:31 h.

Cinco voluntarios da agrupación de Protección Civil de Cedeira sufocaron, con axuda da motobomba, o incendio declarado sobre as 11.00 horas no cadro de contadores do edificio número 10 da rúa Ortigueira. Tras apagar o lume revisaron todo o inmoble, sen danos, e ventilaron a estancia onde se produciu o suceso, por causas que se descoñecen.

O servizo de urxencias 112 tamén avisou aos Bombeiros de Ferrol e ao GES de Ortigueira, pero non foi necesaria a súa intervención. A Policía Local de Cedeira desprazouse ata o lugar.