Cedeira instala no colexio os proxectores do polideportivo

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

CEDIDA

O Concello reutiliza as lámpadas de tecnoloxía led do pavillón no CEIP Nicolás do Río

04 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os 12 proxectores de tecnoloxía led retirados do pavillón municipal de Cedeira iluminan agora as instalacións polideportivas do CEIP Nicolás do Río. O Concello aproveitou así as luces, «un proxecto de custe cero, que representa un gran avance en canto ao aforro e á eficiencia enerxética». Os proxectores led que antes estaban no pavillón municipal substitúen os vellos do colexio, de vapor de mercurio, con maior consumo. O goberno local valora ademais «a compoñente decorativo» da actuación, «na liña de colaboración coa dirección do centro».