O 90 % do persoal reclama ao Concello de Cedeira que finalice a relación de postos de traballo

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

CEDIDA

Lembran que os traballos comezaron en 2015 e que aínda non remataron

16 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Persoal do Concello de Cedeira entregou onte as firmas solicitadas para reclamar a finalización dos labores para a confección da Relación de Postos de Traballo (RPT). O 90 % do persoal do Concello cedeirense apoia esta demanda. Lembran que as reunións para elaborar este documento comezaron en 2015 «e que aínda está sen rematar». O Concello de Cedeira supera o centenar de traballadores (máis de 30 funcionarios e o resto, persoal laboral). A Lei de Medidas para a Función Pública define a RPT como «un instrumento técnico a través do cal se realiza a ordenación do persoal, de acordo coas necesidades dos servizos, e precísanse os requisitos para o desempeño de cada posto, así como as súas características retributivas». Ha de ser aprobada polo pleno.