Último día de matrícula nos cursos cuadrimestrais

LA VOZ FERROL

CEDEIRA

CESAR TOIMIL

Os interesados en anotarse poden solicitar toda a información na web do centro

04 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe, luns, é o último día para formalizar a matrícula nos cursos cuadrimestrais da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. Os estudantes novos deben pasar pola escola e os que teñan rematado un e queiran continuar poden realizar este trámite a través da web. Os grupos ofertados son A2 en alemán; en francés, B1; en inglés, B1, B2.1 e B2.2, así como B1 na sección de Cedeira. Os interesados poden obter máis información sobre convalidacións na páxina web do centro formativo.