A arte urbana chega a Cedeira con ánimo de quedar

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

CEDIDA

O artista local Adrián Taracido recreou varios espazos icónicos do pobo na estación de bombeo

12 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A estación de bombeo situada xunto ao coñecido como parque dous patos de Cedeira gañou cor. O artista local Adrián Taracido Fernández transformou as seis fachadas desta construción, recreando outros tantos monumentos ou espazos representativos do municipio. Así, por unha cara pódese ver a garita de Herbeira e as outras cinco repártense entre o castelo da Concepción, a praza de acceso ao consistorio, o monumento dedicado á pescadera, a capela de San Antón ou o porto. A arte urbana chega así a Cedeira, co ánimo de quedar, a tenor da boa resposta dos veciños ante esta intervención do parque do Romeiro. «Queremos facer do pobo un escaparate do street art, ademais de que sexa un recurso turístico que permita coñecer a vila», resaltou o alcalde, Pablo Moreda. A intervención custou 5.687 euros.