Charla sobre educación viaria, o martes no auditorio municipal

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

KOPA

Os asistentes recibirán un chaleco reflector ao finalizar a sesión

21 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O martes, ás 12.00 horas, ofrecerase unha charla sobre seguridade viaria na biblioteca do auditorio municipal. A Dirección Xeral de Tráfico, a Policía Local e o Concello colaboran nesta iniciativa. A coordinadora de educación viaria da JPT Coruña impartirá a sesión informativa e todos os asistentes recibirán un chaleco reflector ao finalizar. Gratuíta.