Ferrol, As Pontes, Cariño e Ortigueira soben ao nivel alto de restricións do covid

CARIÑO

kiko_delgado

No nivel medio sitúanse A Capela, Pontedeume, Cedeira, Narón e Valdoviño

28 jul 2021 . Actualizado ás 21:35 h.

Os concellos de Ferrol, As Pontes, Cariño e Ortigueira soben ao nivel alto de restricións da Xunta para frear os contagios do covid, segundo anunciou esta mañá o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Pola súa banda, tamén se elevan ao nivel medio A Capela, Pontedeume, Narón, Valdoviño e Cedeira. O resto dos concellos da área sanitaria quedarían en nivel medio baixo.

No nivel de restrición media, hai limitación de 6 persoas no interior e dez no exterior .Entre as 3.00 e as 6.00 soamente convivientes. Nos establecementos de hostalería e restauración: Interior 50 % e terrazas: 50 %. En lecer nocturno: permitido interior ao 50 % (con acreditación de inmunidade) e terrazas ao 100 %. Peche ás 03.00 horas.

No nivel alto, hai limitación de 6 persoas no interior e dez no exterior .Entre as 1.00 e as 6.00 soamente convivientes. Nos establecementos de hostalería e restauración: Interior 50 % (con acreditación de inmunidade) e terrazas: 50 %.En lecer nocturno: terrazas ao 50 %. Peche ás 01.00 horas.

As normas entrarán en vigor na medianoite do venres ao sábado.

Isto quere dicir que en Ferrol , As Pontes, Cariño e Ortigueira para entrar ao interior dos locais de restauración e cafeterías será necesario presentar un certificado que acredite unha pauta completa de vacinación, unha proba negativa cun máximo de vixencia de 72 horas ou un documento que acredite ter pasado a enfermidade.