Cariño despide a Farruco, empresario da liña de buses a Mera e creador do «Antisayol»

LA VOZ CARIÑO

CARIÑO

ANGEL MANSO

Ademais de estar a cargo de os autocares, José Antonio Santiago Díaz foi taxista

13 oct 2019 . Actualizado ás 12:43 h.

Cariño despediu o venres a José Antonio Santiago Díaz, Farruco, empresario do sector do transporte falecido aos 98 anos. Do seu pai, «o tío Farruquiño», como era coñecido, herdou a liña de autobuses de Cariño a Mera (que agora cobre a empresa Arriva). Os autocares levaban a marca de A. Santiago e, segundo lembra Leopoldo Yáñez, «cando comprou un bus moi moderno, que era o último do momento, púxolle o nome de Antisayol, a partir das primeiras letras dos nomes dos seus tres fillos, Antonio, Isabel e Yolanda».

Aquel bus con nome de medicamento fíxose moi popular. Farruco tamén conduciu un taxi, co que levou a moitos mariñeiros de Cariño ata os portos de Ondarroa ou Portugal onde traballaban. Os veciños lémbranlle con estima e aseguran que ata fai un par de anos non deixou o volante.