Cuarta xornada da Mostra de Teatro Galego

La Voz FERROL

CARIÑO

MARCOS CREO

Ata este venres haberá máis representacións teatrais

14 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe ás 12.00 e ás 22.15 horas • Un euro pola mañá e cinco pola noite Auditorio municipal •

Desde o pasado sábado 11 de agosto están a levarse distintas representacións teatrais en Cariño, tanto no parque do concello, como no auditorio municipal e tamén en diferentes prazas co gallo de a XL Mostra de Teatro Galego de Cariño.

 Hoxe ás 12.00 horas comezará no auditorio municipal o espectáculo infantil Pum, Pum!. O argumento relata a peripecia de Marieta, de cinco anos, que abrirá portas para chegar a historias con música.

Ás 22.15 horas será a quenda de Elisa e Marcela. Unha historia de amor entre dúas mulleres que tratan de esconder o seu matrimonio. Será tamén no auditorio do municipio.