Cabanas solicita unha liña de bus que conecte todas as parroquias

LA VOZ CABANAS

CABANAS

ESTEVO BARROS

Nas alegacións ao plan de transporte da Xunta, o Concello reclama máis frecuencias en Laraxe ou unha parada no polígono de Vilar do Colo

22 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Conectar todas as parroquias, «para mellorar a cohesión interna», e facilitar ligazóns coa liña A Coruña-Ferrol son os principais obxectivos das alegacións presentadas polo Concello de Cabanas ao plan de transporte por estrada da Xunta. Tamén reclama un aumento das frecuencias nas liñas que pasan por Laraxe, a creación dunha parada no polígono industrial de Vilar do Colo e a ampliación do horario, «a todas as tardes», no servizo de Mugardos a Pontedeume, para facilitar o traslado dos estudantes que cursan ciclos formativos, segundo indica o tenente de alcalde, o nacionalista Iago Varela.