O comité de Gamesa nas Somozas anuncia novas mobilizacións

La Voz FERROL

AS SOMOZAS

CEDIDA

Os traballadores da factoría de compoñentes eólicos demandan un plan de futuro

25 novs 2020 . Actualizado ás 12:24 h.

O comité de empresa de Siemens Gamesa nas Somozas anunciou novas mobilizacións para urxir un plan de futuro que garanta a viabilidade da planta. Durante este mércores e o xoves realizarán concentracións no exterior da fábrica entre as 6 e as 22 horas.

Durante a xornada deste mércores celebrarán ata tres asembleas para trasladar ao conxunto do persoal as medidas e mobilizacións, que serán sometidas a votación.