Novo incendio na planta de tratamento de residuos de Sogarisa, nas Somozas

LA VOZ AS SOMOZAS

AS SOMOZAS

CEDIDA

A empresa extinguiu cos seus propios medios o lume, que xerou unha espesa fumareda

07 oct 2019 . Actualizado ás 14:39 h.

A densa fumareda que desprendía alertou aos veciños das Somozas do incendio declarado esta mañá na planta de Sogarisa, no polígono industrial. Desde a empresa de tratamento de residuos industriais indicaron que se produciu «unha combustión de material» no exterior da instalación.

A extinción acometeuse con medios propios, sen necesidade de recorrer a ningún servizo exterior, como si ocorreu noutras ocasións, e non foi necesaria a evacuación do persoal. Este tipo de incidentes repítense periodicamente na planta.