Traballadores auxiliares de Endesa bloquean o acceso á térmica e ao ciclo combinado

Reclaman unha reunión coa eléctrica para abordar o seu futuro


Ferrol

A coordinadora de traballadores auxiliares de Endesa nas Pontes levou a cabo esta madrugada unha acción sorpresa. Ao redor das cinco da mañá, nas inmediacións da central térmica, operarios de subcontratas levantaron unha barricada e bloquearon o acceso ás instalacións. De igual modo, tamén impediron a entrada á planta de ciclo combinado.

A eléctrica garantiu a ocupación dos traballadores auxiliares ata o 30 de xuño, nunha reunión recente mantida cos representantes de UGT, CIG e CC.OO. Con todo, a coordinadora quere celebrar un encontro con responsables da compaña e que se recolla ese compromiso por escrito.

Endesa solicitou en decembro do 2019 o peche da central térmica pontesa, aínda que esa decisión está supeditada a que se peche a mesa aberta coas administracións para avaliar a posibilidade de que funcione con biocombustibles. 

Coñece a nosa newsletter con toda a actualidade de Ferrol

Creamos para ti unha selección de noticias da cidade e a súa área metropolitana para que as recibas no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

Traballadores auxiliares de Endesa bloquean o acceso á térmica e ao ciclo combinado