Investigan unha agresión a unha muller á porta dun pub das Pontes

La Voz AS PONTES

AS PONTES

Calle Rego do Campo
Rúa Rego do Campo GOOGLE

A vítima, de 61 anos, denunciou o ocorrido a noite do sábado ao domingo

19 feb 2020 . Actualizado ás 11:16 h.

A Garda Civil investiga a agresión sufrida por unha muller sobre a unha da madrugada do sábado ao domingo, xunto á porta dun pub da rúa Rego do Campo, no centro das Pontes. Segundo o relato da vítima, de 61 anos, saíu do local e un home ao que non coñecía tirouna ao chan e golpeouna.

Así se recolle na denuncia que presentou o luns ante a Policía Local das Pontes. A muller, de nacionalidade colombiana, reside na vila mineira. A Garda Civil indaga sobre o sucedido, en busca de testemuñas que axuden a identificar o autor da agresión.