As Pontes asigna 40.000 euros ao programa municipal «Eu almorzo no cole»

M. MEIZOSO AS PONTES / LA VOZ

AS PONTES

angel manso

Durante este curso escolar beneficiaranse de esta iniciativa máis de 130 familias

28 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A área de Benestar do Concello das Pontes incrementará, neste curso escolar 2019-2020, a partida destinada ao programa municipal «Eu almorzo no cole». En total, a administración local ten prevista un investimento de 40.000 euros, o que supón un 9 % de incremento con respecto ao período anterior.

Segundo sinala a concelleira Tania Pardo, «debido ao bo funcionamento desta iniciativa municipal e á boa acollida, tanto polas nais e os pais como polo menores, o goberno local apostou por incrementar, seguindo a liña de anos anteriores, a contía destinada a sufragar os gastos de infraestrutura e equipamentos do programa, para tratar de dar resposta ás necesidades das familias da localidade pontesa que, por cuestións laborais e persoais, precisan deixar aos seus fillos e fillas no colexio antes do inicio da xornada escolar».

Máis de 130 familias

En total, durante o presente curso escolar máis de 130 familias pontesas veranse favorecidas por esta iniciativa municipal. En concreto, no colexio Santa María, benefícianse do programa 15 alumnos de forma regular e outros 10 puntualmente. Na Fraga son 25 no primeiro caso e unha decena no segundo. E, para rematar, no CEIP A Magdalena, a cifra acada os 80.

Co programa «Eu almorzo no cole», o Concello pontés persegue favorecer hábitos de vida saudables entre os escolares ponteses.