As Pontes inicia as obras de mellora da avenida de Galicia

Con esta actuación, licitada por 180.372 euros, completarase o proxecto de rehabilitación do centro urbano


AS PONTES

As obras da segunda fase do proxecto de mellora do pavimento e os servizos da avenida de Galicia empezarán mañá. A actuación, licitada por 180.372 euros, que financia a Deputación a través do POS, afectará o tramo que vai do cruzamento coa rúa Alexandre Bóveda ata a intersección con Santiago Apóstolo e Vilar Ponche.

Ademais de eliminar o desnivel entre calzada e beirarrúas, substituirase a capa de rodaxe por aglomerado impreso, ampliaranse as beirarrúas, mellorarase a iluminación e o saneamento, e renovaranse o mobiliario urbano e os alcorques. O Concello destaca que esta obra completará o plan de rehabilitación, humanización e mellora da accesibilidade do centro urbano.

Coñece a nosa newsletter con toda a actualidade de Ferrol

Creamos para ti unha selección de noticias da cidade e a súa área metropolitana para que as recibas no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
3 votos
Comentarios

As Pontes inicia as obras de mellora da avenida de Galicia