A toda vea en Ares

ARES

Cedida

O domingo decidiuse o campionato galego polo que tres tripulacións pelexaron ata o final

21 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Preto dunha vintena de embarcacións participaron a pasada fin de semana no campionato galego de snipe 2019 que organizo o Club Náutico Ría de Ares. As probas comezaron o venres e continuaron ata o domingo 19. As condicións meteorolóxicas permitiron ao comité realizar oito mangas das nove previstas. As condicións foron magníficas, con ventos de intensidades de 12 a 16 nós e mesmo nalgún momento con puntas de máis de 20, tanto o venres como o sábado. O domingo decidiuse o campionato galego polo que tres tripulacións pelexaron ata o final, aínda que o vento forte se fixo agardar e só se puideron realizar dúas mangas das tres previstas. A tripulación formada por Marcos Míguez e José Ramón Pardo, do Real Club Náutico da Coruña, impúxose con diferenza sobre o resto. Os ferroláns José Manuel Rilo e Santiago Paz, do Club Náutico Ría de Ares, ocuparon unha meritoria quinta posición, mentres que a novena foi para os tamén locais Diego López e José Luis Álvarez, da Comisión Naval de Regatas de Ferrol