Consternación en Ares polo falecemento repentino dun policía local

Beatriz García Couce
Beatriz Couce FERROL

ARES

CEDIDA

Os traballadores do Concello subliñan o seu carácter alegre e o seu gran compañeirismo

23 mares 2019 . Actualizado ás 17:53 h.

Vicente Peiro Gadea, valenciano de 43 anos, faleceu na noite do venres de forma repentina. Era policía local en Ares, concello ao que chegou en setembro do pasado ano en comisión de servizos, xa que tiña a súa praza en Miño. Casado e pai de catro fillos, o pequeno de tan só uns meses, conquistou deseguido o corazón dos seus compañeiros do Concello.

Os funcionarios do Concello subliñan o seu carácter afable, a súa simpatía e amabilidade. Lembran, por exemplo, que na última cea do Nadal foi a alma da festa, porque sempre regalaba sorrisos e bo humor aos que lle rodeaban. O alcalde, Julio Ares, tamén transmitiu desde as redes sociais o pesar pola súa morte e as condolencias á súa familia e achegados, do mesmo xeito que os funcionarios. Todos viviron unha xornada de consternación por este inesperado e tráxico falecemento.