A ASCM achega o seu proxecto a hoteis da comarca

La Voz FERROL

A Capela

CESAR TOIMIL

A entidade pon en marcha a campaña «Europlus: a cara máis solidaria da túa moeda»

16 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A ASCM acaba de pór en marcha no hotel O Suízo a campaña «Europlus: a cara máis solidaria da túa moeda». A través desta iniciativa, media ducia de establecementos hostaleiros da cidade naval, de Narón e A Capela disporán de huchas solidarias nas que os clientes poderán facer as súas doazóns, que se destinarán ás actividades que desenvolve a entidade a favor da inclusión social de persoas con diversidade funcional. Ademais infórmase do labor que impulsa a asociación.