Un home moi grave tras ser apuñalado no campamento de Freixeiro

Bea Abelairas
bea abelairas FERROL

FERROL

Campamento de Freixeiro
Campamento de Freixeiro ANGEL MANSO

Un drogodependente que acudiu o domingo para comprar a súa dose ao asentamento rematou con feridas gravísimas, aínda non hai detidos polo suceso

27 oct 2025 . Actualizado á 10:44 h.

Un home que este domingo acudiu ao campamento de Freixeiro recibiu varias puñaladas e está moi grave ingresado na unidade de coidados intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O suceso produciuse nun dos maiores puntos de venda de droga non xa de Ferrol, senón do norte de España, segundo corroboran fontes policiais. Neste caso a vítima é un adicto que rolda os 40 anos e que acudiu a pola súa dose cando se viu inmerso nun ataque dentro do propio poboado.

A Policía Nacional investiga a agresión, pero aínda non se produciron arrestos relacionados co caso. A vítima adoita frecuentar este punto de venda e é coñecida polos seus trazos físicos, pero nunca mostrara actitudes violentas.

O de Freixeiro, xunto cos de Catabois, son os puntos negros de distribución de substancias e están a xerar moita inseguridade en toda a contorna pola desesperación dos adictos, que cometen pequenos roubos para facerse cos cinco euros que custa cada doses, e pola crueza das mafias que incrementaron a súa presenza e poder na zona.

Precisamente este luns celébrase unha xunta de seguridade local para abordar os problemas de seguridade entre Ferrol e Narón, que suman 14 campamentos, e contan cun persoal de 220 axentes de Policía Nacional na que non hai unidades especiais nin material de seguridade para intervir, por exemplo, en rifas multitudinarias como as rexistradas o pasado verán en Narón.