Un ferido en Narón tras chocar o seu vehículo contra un coche estacionado

La Voz

FERROL

JOSE PARDO

O suceso tivo lugar na rúa Gales, e a alerta deuna o servizo de emerxencias 112 Galicia

18 jul 2025 . Actualizado á 18:29 h.

Unha persoa resultou ferida esta tarde en Narón tras chocar o seu vehículo, por causas que se descoñecen, contra un coche que permanecía estacionado.

O suceso produciuse pouco despois de las17.30 horas, e ao lugar dos feitos, ademais dos servizos sanitarios, desprazáronse os axentes da Policía Local, que instrúen o atestado.