Visita á consultora de enxeñería PSI nos Airíos

La Voz

FERROL

19 ago 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e a edil de Industria e Emprego, Ana Pena, tamén acudiron ao polígono dous Airíos para visitar a empresa Enxeñería PSI, que se trasladou desde Vilalba.

Esta firma creouna un enxeñeiro pontés hai dúas décadas e na actualidade conta con oito empregados, con perfís técnicos especializados en arquitectura e enxeñería e facturación media anual de 700.000 euros. Trátase dunha consultoría especializada no sector da madeira e que realizou moitos proxectos na comarca.