Jazz de Ría pechou catro días de música na comarca de Ferrol e a cita consolídase como referencia

La Voz FERROL

FERROL

CEDIDA

Os concertos desenvolvéronse en escenarios de Narón, Neda e Cedeira

15 ago 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

A sexta edición do festival Jazz de Ría puxo onte o broche tras catro días de concertos repartidos entre escenarios de Narón, Neda e Cedeira. A proposta deste ano bordeou o xénero coa fusión de ritmos flamenco, soul, pop e mesmo sones africanos. O peche ofreceu onte a posibilidade de combinar natureza e música, cunha xornada na que o público puido redescubrir o canto dos paxaros pola ruta ornitológica do río Belelle da man da SGHN, e culminou cunha narración-concerto co saxofonista Pablo Castaño e o narrador Celso F. Sanmartín.

A directora do festival, Aitana Cuétara, valorou que «o festival conseguiu fidelizar a un público que agora xa coñece o xénero e achégase aos concertos con moitas ganas». E a organización destacou que a cita se consolida como unha referencia do xénero.