A calidade do Somozas dá a vitoria en casa ante o Sofán (2-0)

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

JOSE PARDO

Pablo Rey e Marcos Álvarez anotaron os tantos do equipo de Marcos Roca, que mantén o liderado

28 novs 2021 . Actualizado ás 23:00 h.

Baixo unha intensa choiva o Somozas aproveitouse da calidade do seu persoal para imporse ao pechacancelas do grupo, o Sofán, e seguir comandando a clasificación de Terceira.

Os de Marco Roca lograron pór o encontro de cara aos catro minutos, grazas a un golazo pola escuadra de Pablo Rey , especialidade do ferrolán. Non se engurraron os visitantes que intentaron crecerse buscando con afán devolver as táboas ao marcador. Puido empatar o equipo visitante no arranque da segunda parte cun bo centro desde a esquerda que Paulo remata fóra.

Os locais recuperaron a súa intensidade no segundo tempo e sentenciou o Somozas no ecuador da segunda parte. Pablo Rey conecta con Marcos Álvarez para que o de Ortigueira anotase o segundo na conta do Somozas pondo o 2-0 definitivo.

Con 28 puntos segue comandando a táboa. A próxima xornada toca desprazarse ao céspede do Xuvenil Ponteares.

FICHA TÉCNICA

SOMOZAS - 2

Marcos Souto, Asier, Cabarcos (Alberto Rey no 85), Pacheco, Manu, Santi (Aldán, min 69), Pablo Rey (Bruno, min 75), Quico, Marcos Álvarez (Do Río, min 85), Maroñas e Cañi

SOFÁN - 0 

Borja Pita, Dani Becerra, Fita (Kolie min 77), Raúl, Paulo (Galego min 77), Martín (Alexandre no 67), Rubén Fraga, Fabián, Manu (Eibe min 85), Gody e Julián

GOLES: 1-0, min 4: Pablo Rey ; 2-0, min 74: Marcos Álvarez

ÁRBITRO: David Pereira. Amoestou con amarela aos visitantes Gody (min 39), Paulo (min 47) e Rubén Fraga (min 89), e ao local Maroñas (min 84)