A Asociación de Pescadores Caaveiro busca relevo xeracional entre os máis novos

A. C. PONTEDEUME / LA VOZ

FERROL

CEDIDA

O colectivo ensina a pescar a cinco rapaces de entre seis e 15 anos

13 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Xandre, Fiz, Antón, Rodri e Martín teñen entre seis e 15 anos. Dous son fillos e un é neto de socios da Asociación de Pescadores Caaveiro, e hai un par de semanas asistiron a unha clase de pesca no río, no parque natural das Fragas do Eume. «Os máis maiores xa pescaran algo, pero aos pequeños abríanselles os ollos coma pratos», conta Guillermo Maroño, presidente do colectivo. Buscan relevo xeracional, «porque vas ao río e ves todo xente cada vez máis maior».

Ata os 18 anos non se necesita licenza nin coto de pesca, indo acompañado dun adulto que si conte cos permisos. Os rapaces viron como se preparan as rapalas, da man de José Manuel Bouza (Perlío, Fene), as culleriñas, con Alberto Roberto (A Mourela, Neda) e as moscas, con Emilio Gómez (Pontedeume).

A temporada de pesca xa rematou, pero «para que non caia no olvido», queren levalos algún día á zona intermareal, e xa para o ano (a partir do terceiro domingo de marzo), esperan ir máis veces, seguramente como «socios júnior» da entidade.