Ortegal Oil aposta pola reforestación nas Fragas

Andrea Lago, A.U. FERROL / LA VOZ

FERROL

cedida

A empresa local aposta por axudar a organizacións e entidades sociais da comarca

03 ago 2021 . Actualizado ás 21:49 h.

Todos os anos, a rede galega de estacións de servizo Ortegal Oil destina partidas de beneficios a iniciativas acordes coa súa responsabilidade social corporativa. A empresa achega o capital e a idea a algunha organización que estea interesada e concorde en valores sociais, e esta encargarase de pór en marcha o proxecto. Este ano arrincaron unha nova iniciativa dentro da comarca relacionada co medio ambiente e o coidado do patrimonio natural da zona. Nesta ocasión a colaboración é con Galnus, unha empresa de expertos en medidas ambientais que está a colaborar con Ortegal Oil limpando e reforestando con especies autóctonas dous miles cincocentos metros cadrados nas Fragas do Eume.

Para facer partícipes aos clientes deste tipo de iniciativas permíteselles trocar os puntos que acumulan nas áreas de servizo por metros cadrados no canto de por vales de lavado ou cupóns de combustible como habitualmente. Iso si, será sempre o cliente o que elixa, aínda que iso provoque que o proxecto avance lentamente, xa que polo momento só cubriron vinte e seis metros cadrados coa axuda do público. «Imos lentos porque tamén queremos facelo ben, isto non se trata de gañar diñeiro, se non de axudar a mellorar as condicións dunha paraxe natural tan prezado como son as Fragas do Eume», asegura Antonio López, director xeral de Ortegal Oil.