Os concellos do Xeoparque do Cabo Ortegal aspiran a recibir tres millóns de euros en tres anos

LA VOZ VALDOVIÑO

FERROL

CEDIDA

Boa parte dos fondos provirían dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos, convocados pola Secretaría de Estado de Turismo

06 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal aspira a conseguir unha inxección de tres millóns de euros en tres anualidades. A Deputación da Coruña comprometeu 300.000 euros e o resto provirían dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos, dentro da convocatoria da Secretaría de Estado de Turismo, que se tramita a través da Axencia de Turismo de Galicia.

Os sete concellos implicados (Cariño, Cerdido, Cedeira, Ortigueira, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño) ven no xeoparque «o impulso necesario a un modelo de desenvolvemento responsable e sostible», que pode resultar básico para a recuperación do sector turístico tras a pandemia. Avanzan na candidatura ante a UNESCO.