O persoal de Galicia Téxtil propón un ERTE e prexubilacións fronte ao ERE

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

JOSÉ PARDO

O xoves manterán un encontro coa dirección da empresa

26 ene 2021 . Actualizado ás 22:21 h.

Fontes da representación sindical do persoal de Galicia Téxtil informaron de que o vindeiro xoves manterán un encontro coa dirección, no que esta concretará se acepta as propostas realizadas como alternativa á aplicación dun ERE extintivo para 20 dos seus 36 traballadores, entre outras prexubilacións aos maiores de 55 e un ERTE para o resto.

Doutra banda, o persoal reuniuse con representantes do BNG, no que se acordou «impulsar unha batería de iniciativas parlamentarias» para evitar os despedimentos na fábrica de fiados situada en Xuvia. Pediron á Xunta a súa intervención para intentar frear o ERE.