A Fundación a Caixa achega 11.300 euros ao colectivo cedeirense Sobre Rodas para material

LA VOZ CEDEIRA

FERROL

CEDIDA

A asociación destinará o novo equipamento ao servizo de préstamo aos seus usuarios

26 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O colectivo sociocultural Sobre Rodas recibiu 11.300 euros da Fundación a Caixa para a compra de diverso equipamento -tres guindastres eléctricos, oito camas articuladas, cinco cadeiras de rodas (unha delas ergonómica), muletas e cadeiras de ducha-, que destinará ao seu servizo de material en préstamo, que atende a 75 usuarios. A fundación e CaixaBank apoian así o labor que realiza a asociación coas persoas con discapacidade. Nos últimos catro anos concedeu axudas por uns 40.000 euros a este colectivo, segundo indica o director da oficina bancaria en Cedeira, Raúl Polo. Destaca que, froito da colaboración entre CaixaBank e a Fundación a Caixa, «máis de dez mil proxectos reciben, en conxunto, preto de 45 millóns de euros en favor de máis de 8.000 entidades sociais de todo o país».