Sen candidatura, este ano, para o Xeoparque do Cabo Ortegal

LA VOZ MOECHE

FERROL

CÉSAR GALDO

A comisión nacional decidiu non presentar a ningún dos tres aspirantes a este recoñecemento

26 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Comisión Nacional de Cooperación coa UNESCO non remitirá este ano o proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal, nin ningún outro, ás Nacións Unidas. «É unha pequena decepción, pero seguiremos traballando», avanzou a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy.