Alumnos con talento

FERROL

CEDIDA

O IES Terra de Trasancos de Narón conseguiu a terceira praza na II Olimpíada de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos

19 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O IES Terra de Trasancos de Narón conseguiu a terceira praza na II Olimpíada de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, na que participaron máis de 120 alumnos de 2º de ESO de centros de toda Galicia. Aldara López, Lara Ríos, Luisa López e Pablo Corral , foron os representantes do IES Terra de Trasancos, nunha competición, organizada por escolas de Enxeñería de Camiños, canles e portos de diferentes puntos de España, na que se avalía a capacidade de resposta rápida e intuición dos estudantes traballando en equipo, as súas actitudes ante os problemas ou a adaptación a medios e ferramentas de traballo limitados. O equipo naronés logrou unha meritoria terceira praza a pesar de que un dos integrantes do equipo non puido asistir por estar enfermo. A conselleira de Educación, Carmen Pomar, foi a encargada de entregarlles o diploma que lles acredita como un dos mellores equipos de Galicia.