Últimos días para ver a exposición de dinosauros en Ferrol

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

CEDIDA

A mostra sitúase nunha carpa na Malata

06 feb 2020 . Actualizado ás 14:08 h.

Do 1 ao 9 de febreiro • carpa instalada xunto ao estadio da Malata • 8 euros • Dinosaurs Tour, «a maior exposición de dinosauros animatrónicos», encara a súa recta final. 

Esta exposición internacional percorreu máis dunha decena de países europeos (Alemaña, Francia, Italia, Reino Unido, Noruega , Polonia ou Romanía, entre outros) conta cunha trintena de pezas inéditas a tamaño real, algunhas delas animatrónicas, que simularán o aspecto e o comportamento dos dinosauros.

Dinosaurs Tour exporá Triceratops, Tiranosaurios, Protoceratops, Parasaurolofus, Estegosaurios, Espinosaurio, Diplodocus, e o famoso Tiranosaurio Rex a tamaño real, entre outros. Ademais das pezas, realizaranse proxeccións didácticas acerca do modo de vida desta fauna prehistórica e exhibiranse paneis informativos e descritivos con detalles científicos sobre as áreas xeolóxicas, teorías sobre a extinción dos dinosauros e datos sobre a recuperación de restos fósiles.

Se piuede ver de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas, sábados e domingos de 11 a 14 e de 17 a 21 horas. As entradas poderanse adquirir por 8 euros nos despachos de billetes da exposición.