Afundación organizará sete viaxes no 2020 para os socios dos seus Espazos +60

La Voz FERROL

FERROL

O programa inclúe visitas a Mondariz, a Rioxa, Escocia, Austria, Huelva, Exipto e Cuba

12 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Dentro do seu programa de envellecemento activo, Afundación ofrecerá un total de sete viaxes aos socios dos seus Espazos +60 no ano 2020. A primeira saída será no mes de abril ao balneario de Mondariz e en maio organizarase unha visita á Rioxa e Álava. A partir de xuño, case todas as viaxes terán destinos internacionais: Escocia, Austria e o Tirol, Huelva, Exipto e Cuba. O prazo de inscrición ábrese hoxe.