A Deputación apoia a 406 empresas con 3,1 millóns do PEL-Emprende

La Voz A Coruña / LA VOZ

FERROL

A partida incrementouse un millón este ano polo aumento de solicitudes

07 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación inviste 3,1 millóns no programa PEL-Emprende para apoiar a 406 pequenas empresas e persoas autónomas da provincia. Estes fondos permitirán ás firmas adquirir aplicacións informáticas, maquinaria ou equipos de procesamiento de información necesarios para o crecemento e a modernización do negocio; así como crear tendas en Internet , implementar plans de responsabilidade social empresarial, mercadotecnia e comunicación, ou accións de expansión e exportación de produtos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, avanzou que o investimento nesta liña do PEL incrementarase nun millón de euros con respecto ao ano pasado «debido ao elevado número de solicitudes recibidas»; e remarcou «a utilidade das axudas do PEL-Emprende para consolidar e modernizar o tecido empresarial da provincia coruñesa, facéndoo máis competitivo e permitindo que proxectos emprendedores que empezan de xeito moi modesto podan, en poucos anos, chegar a consolidarse e incluso ser referencia no seu sector».

Estas axudas provinciais subvencionan ata un 80 % dos investimentos e actividades acometidas polas empresas, con partidas que van desde os 2.000 ata os 20.000 euros.

Desde a Deputación remarcan que no caso dos investimentos, o 51 % dos beneficiarios son autónomos, seguidos polas microempresas que contan cun máximo de dez traballadores, cun 46,5 %. No apartado de actividades, un 57 % corresponden a microempresas e un 33 % a empresarios individuais. El 65 % de las empresas beneficiarias del PEL-Emprende 2019 están dirixidas por mulleres e céntranse, sobre todo, no sector terciario. O 96 % das firmas que reciben este respaldo do PEL-Emprende 2019 non foron beneficiarias da anterior convocatoria, e preto do 15 % son empresas creadas ao longo deste último ano.

Este respaldo da Deputación a iniciativas emprendedoras compleméntase con outras liñas de apoio como a Rede Provincial de Espazos de Coworking, que xa conta co unha sede no pazo de Arenaza (Oleiros) e inaugurará a próxima semana un novo centro en Brión. Outros municipios da provincia como Boiro, Carballo e Ames traballan tamén na posta en marcha dos seus centros desta rede PEL para emprendedores.

3.100.000 €

Orzamento

É a partida destinada este ano a pequenas empresas dentro do PEL-Emprende

406

Firmas beneficiarias

A maioría dos que obtiveron as axudas, un 51 %, son traballadores autónomos

65 %

Dirixidas por mulleres

É un programa da Deputación provincial que favorece o emprendimiento feminino