O Sofía Casanova estrea os campamentos de ciencias e tecnoloxía nos Peares

a voz FERROL

FERROL

Xunta

Unha semana con novos contidos para 25 elixidos

03 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os alumnos do Sofía Casanova serán xunto cos do Manuel Murguía da Coruña os que estrearán os campamentos que promove a Xunta nos Peares e dedicados a materias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Serán case medio milleiro os alumnos que participarán nestas actividades dirixidas a alumnos de quinto e sexto de Primaria e de primeiro e segundo de ESO. No entanto, de cada centro só 25 alumnos poderán tomar parte dunhas sesións que forman parte dunha iniciativa que a Consellería de Educación explica como unha semana STEM que forma parte do conxunto de «accións da Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020) postas en marcha pola Consellería de Educación coa finalidade de fomentar o espírito científico e tecnolóxico entre o alumnado galego».

Durante a estancia haberá clases sobre as materias do programa e actividades lúdicas. Outro centro de Ferrol, o Cruceiro de Canido, e un de Fene, Os Casais, participarán nunha iniciativa «científico-tecnolóxicos no eido educativo, necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro».