O goberno aproba proxectos de investimento en Recimil por dous millóns

FERROL

cedida

O concelleiro de Urbanismo asegura que a contratación estará lista antes de finalizar o ano

03 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta de Goberno de Ferrol aprobou os proxectos de execución de tres actuacións que levarán a cabo nas vivendas municipais de Recimil por un montante global de 2.115.497,37 euros. Trátase da rehabilitación das envolventes dos edificios situados nos números 1 ao 8 da rúa Betanzos (1.612.578,94 euros) e dos números 1 e 2 da rúa Ares (324.298,41 euros). O terceiro proxecto centrarase na renovación da rede de pluviais do inmoble 23-28 da praza de España (178.620,02 euros).

A citada actuación corresponde aos investimentos financieramente sostibles aprobadas polo pleno e complétase con outros dous proxectos tamén referendados onte polo goberno: a reurbanización de cálea Carmen Curuxeiras (338.728 euros) e a mellora do aglomerado da avenida do Mar (243.982 euros).

O edil de Urbanismo, Julián Reina , explicou que os expedientes de contratación estarán listos a semana do 16 e que serán aprobados antes de final do ano.