BNG e EU alíanse para pedir a dimisión do alcalde de Fene

FERROL

CESAR TOIMIL

O grupo socialista tiña previsto reunirse onte pola noite para estudar a posibilidade de sumarse aos outros partidos da oposición

28 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os grupos municipais do BNG e EU acordaron solicitar de forma conxunta a dimisión do alcalde popular de Fene, Gumersindo Galego, por mor da súa condena por un delito de condución alcohólica. Darano a coñecer publicamente hoxe pola tarde, en espera de que poidan sumarse os edís do Partido Socialista, que onte tiñan convocada unha reunión da executiva local a primeiras horas da noite para analizar esa posibilidade.