Claves para loitar contra a depresión e a tristeza en Afundación

La Voz FERROL

FERROL

JOSE PARDO

O psiquiatra Andrés González protagoniza este mércores unha nova sesión das Charlas Saudables

19 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá, mércores • Afundación • 20.00 horas • entrada libre •

O ciclo Charlas Saudables, que organiza La Voz de Galicia e a área sanitaria de Ferrol co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables, regresa mañá ao salón de actos de Afundación cunha nova sesión dedicada, nesta ocasión, a un dos grandes males do século XXI: a depresión.

A charla correrá a cargo de Andrés González, un especialista que falará sobre as ferramentas existentes para previr e tratar a depresión e os episodios de tristeza. Os asistentes poderán realizar as consultas que estimen oportunas.