O Seprona investiga unha vertedura de lodos nas Somozas

LA VOZ AS SOMOZAS

FERROL

Procede da planta de xestión de residuos industriais e foi denunciado o martes

07 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil investigan unha vertedura de lodos procedentes de Xiloga, a planta de xestión de residuos industriais situada no polígono das Somozas. Tomaron mostras dos lixiviados que chegaron á estrada do Vilar dá Fraga, feito denunciado o martes. Confirman que non acadaron o río.