Odeón, paradigma do cambio para gañar terreo

J. C. NARÓN

FERROL

JOSÉ PARDO

O centro comercial renovouse por completo e captou novos operadores

15 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Aquilo de renovarse ou morrer adquire todo o seu sentido no mundo dos centros comerciais. Odeón, que hai un ano e 18 días, inauguraba a súa nova era, foi un caso paradigmático. A reforma total das instalacións, tras investir 10 millóns de euros, acompañouse dun inxente labor comercial para «seguir sendo o referente comercial e de lecer da comarca», incorporando unha decena de novos negocios, entre os que se atopan desde Mango a Urban Planet. Un xiro que tamén experimentará o Centro comercial do fogar Comcor que, tras un goteo de peches, ábrese a outros sectores, coa apertura de Lego .