Chegou a hora de que o Racing tome un novo camiño

Carla Elías Martínez
Carla Elías FERROL

OPA RACING

JOSE PARDO

Os de Larraz enfróntanse hoxe ao mediodía ao Oviedo B coa necesidade de puntuar

13 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un mermado Real Oviedo B Vetusta por baixas e citas do primeiro equipo é a contenda á que se enfronta hoxe ao mediodía o Racing de Ferrol -campo de Requexón, 12.00 horas-. Emilio Larraz agarda que a última e dolora derrota fronte ao Atlético Baleares supuxese o punto de inflexión para que os seus mostren un novo Racing en terras asturianas.

O técnico xa anunciou que habería cambios e na súa última convocatoria quedan fóra Joel, baixa, e Dani Abalo, por decisión técnica. Recupera ao lateral esquerdo Villarejo e completan a lista Diego Rivas, Chema Leobalde, Diego Seoane, Pau Bosch, Diego Garrido, Adrián Armental, Álex López, Juan Antonio, Pablo Rey , Javi Sanmartín, Raúl Tavares, Quique Fornos, Iker Rodellar, Fer Beltrán, Marcos Álvarez, Bruno Rivada e Joselu. O cadro local está, con todo, infestado de ausencias. Emilio Cañedo non conta con Aitor Lorea, Tarsi, Steven Prieto e Javi Mier, por lesión; nin con Viti e Samuel Obeng, citados co primeiro equipo; nin Tjay de Barr, coa selección de Xibraltar. Por iso, recorreu a nomes do Praviano como Joselu Guerra e Eloy Ordóñez.

Urxencia por sumar

Para o equipo ferrolán este encontro táchase de crucial para avanzar na procura dun novo camiño cara aos bos resultados. Un xogo «máis práctico e solvente» son as claves que desvelou o técnico para que a afección vexa a un Racing máis próximo a puntuar en cada partido. Pero os locais atravesan unha mala serie de dúas derrotas consecutivas ante equipos galegos, o Pontevedra e o Coruxo, polo que tratarán de amarrar a vitoria no seu feudo.