Baixa ata o 64 % o volume de auga embalsada nas Forcadas

A. C. VALDOVIÑO / LA VOZ

FERROL

CESAR TOIMIL

As reservas caeron case dez puntos na última semana

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O encoro das Forcadas perdeu un hectómetro cúbico de auga na última semana. As reservas baixaron ata o 63,64 %, case nove puntos menos que na anterior medición, o 9 de setembro, e máis de 15 puntos por baixo da media da última década a estas alturas do ano, de acordo cos datos do Ministerio de Transición Ecolóxica. A capacidade do pantano é de 11 hectómetros cúbicos e del abastécese a poboación dos municipios de Valdoviño, Ferrol, Narón, Fene, Ares e Mugardos.

Prohibida a actividade acuática

A alerta por nivel tres de risco decretada pola Consellería de Sanidade para o regacho da praia de Vilarrube que provén do desaugadoiro do encoro segue vixente. Implica a prohibición do baño e das actividades acuáticas, «pola alta probabilidade de efectos adversos para a saúde [...], pola presenza de natas e espumas xeradas por cianobacterias [microalgas]». E obriga a intensificar os tratamentos da auga para garantir o seu consumo.