A Deputación destina axudas a clubs deportivos da provincia

La Voz FERROL

FERROL

Case un centenar de entidades acometerán melloras de infraestruturas e equipamentos cunha subvenciñon total de 371.000 euros

11 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Noventa e oito clubs e entidades de diversas disciplinas deportivas da comarca beneficiaranse das axudas da Deputación da Coruña para a mellora de infraestruturas e equipamentos. En total, o organismo provincial destina 371.000 euros a dotalas de «medios adecuados para desenvolver a súa actividade, fundamental na promoción do deporte basee», destacou a responsable da área de Deportes, Cristina Capelán.

Ao amparo desta liña de axudas, a Agrupación de Montaña e escalada Bestarruza acometerá a ampliación e reequipamiento de zonas de escalada; o Grupo Bazán adquirirá un veleiro; o Club de Tenis ferrolán reparará unha pista; o Círculo Mercantil e Industrial de Fene renovará a impermeabilización da cuberta dos vestiarios; o club Copacabana de piragüismo adquirirá material como ergómetros; ou o Club de Piragüismo Narón comprará catro kaiaks e un ergómetro, entre outras solicitudes.