Dobre sesión de cine en Couzadoiro

LA VOZ ORTIGUEIRA

FERROL

cedida

Hoxe proxéctanse as películas «O neno e a besta» e «Elsa e Fred»

19 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 20.00 e 22.00 horas • Entrada gratuíta • O ciclo Cinemadoiro prosegue hoxe na carpa montada nos campos das Olimpíadas Rurais (que se celebrarán o 7 de setembro), cunha sesión infantil (20.00 horas), na que proxectarán a película «O neno e a besta», de Mamoru Hosoda; e outra dirixida ao público adulto (22.00), co pase de «Elsa e Fred», de Marcos Carnevale. A entrada é gratuíta en ambas. Cinemadoiro culminará o vindeiro luns, día 26 de agosto, con «Miña e o león branco» e «Cinema Paradiso».