O vigairo xeral da Diocese dirixirá tamén o Seminario Maior

R.L.

FERROL

JOSE PARDO

Novas responsabilidades para Antonio Rodríguez Basanta

21 jul 2019 . Actualizado ás 18:33 h.

O vigairo xeral da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, Antonio Rodríguez Basanta, cóengo da catedral mindoniense e membro do equipo pastoral que desenvolve o seu labor desde a parroquia de Santa María de Caranza, asumirá ademais o próximo curso o cargo de reitor do Seminario Maior, informa o Obispado.

Da administración do Seminario de Santa Catalina ocuparase Xoán Xosé Fernández. José Bello Lagüela será o director da casa sacerdotal mindoniense, e Antonio Valín o máximo responsable da formación dos seminaristas menores. Xosé Anxo Fernández incorpórase ao patronado da fundación Martínez Otero.